luns, 20 de maio de 2019

VISITA ÁS AREEIRAS

O axente forestal, FÉLIX ALONSO FEIJÓO, guiou ao alumnado de 1º B de BAC polas áreas recuperadas e explicounos o proceso de recuperación así como de cuestións relativas ao comportamento das aves como os mergullóns, os merguilletes, os cormoráns –desprazados do mar cara ao interior a raíz dos vertidos do Prestige-, os martinetes e as cegoñas. O alumnado, previa planificación na aula, formulou preguntas sobre diversas cuestións como a contaminación provocada polos vertidos. Visitamos dous observatorios, construído un imitando os palafitos –vivendas lacustres feitas con materiais orixinarios coma beón e madeira- e outro de pedra e barro, dende os que puidemos observar varios niños de cegoñas, cormoráns, mergullóns e patos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario