xoves, 23 de maio de 2019

ENTREVISTA A TOMÁS GARCÍA

Entrevista a TOMÁS GARCÍA GARCÍA -ata o curso pasado profesor de Bioloxía no IES Lagoa de Antela e membro da Sociedade Galega de Historia Natural- realizada por José García González, Raúl Gándara Antoñón e Anass Nagihi. Tomás proporcionou información sobre a flora e fauna da lagoa e analizou o impacto da contaminación. Xunto con Víctor Pérez Baltar e outros membros como Serafín González Prieto, colaboran na rehabilitación da Veiga de Gomareites, sita en Vilar de Barrio, un proxecto que ten como obxectivo recuperar para o medio a flora e a fauna típica da lagoa. Destaca a presenza nestas charcas de Lepidurus apus, crustáceo branquípodo propio de áreas con niveis medios de sulfatos e baixos de cloruros,sinal de augas limpas. Tomás García García cedeunos estas fotos das aves da Limia

Ningún comentario:

Publicar un comentario