mércores, 19 de xuño de 2019

VÍDEO RESUMO DAS ENTREVISTAS

Deixamos aquí un vídeo que contén algúns fragmentos das entrevistas e outras actividades do proxecto. A gravación foi proxectada o día da presentación en Xinzo.

luns, 17 de xuño de 2019

ECO NO XORNAL LA REGIÓN

Deixamos aquí a reportaxe que realizou a xornalista Paula Palomanes no diario La Región. Agradecémoslle que respectase a lingua e que se axustase aos feitos.

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO EN XINZO

No Casino da vila de Xinzo de Limia celebrouse o acto de presentación do proxecto. Alumnado participante (Iago, Zaira, Aroa, María, Uxía, Isabel, Aldo, Óscar, Ana, Mónica, Ariana, Miguel, David, Patricia) contou a súa experiencia diante dun público entregado que aplaudiu as súas intervencións. Asistiron veciñas e veciños da vila, familares, profesorado, alumnado e membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). Despois da exposición proxectouse un vídeo con fragmentos dalgunhas entrevistas. Como remate léronse dous poemas, un de Chus Pato e outro de Antón Riveiro Coello.

CARTEIS EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

mércores, 12 de xuño de 2019

DESEÑO CONVITE

A alumna de 1º de BAC Belén Dacal Rodríguez foi a deseñadora da invitación que se distribuíu entre a comunidade educativa e as persoas participantes para que acudan o sábado á presentación do proxecto en Xinzo.

TOPONIMIA ZONAS INUNDABLES E LIMÍTROFES

martes, 11 de xuño de 2019

TOPONIMIA DA ÁREA QUE OCUPABA A LAGOA DE ANTELA

Alumnas e alumnos de 4º de ESO rexistraron e analizaron a microtoponimia dos espazos que ocupaba a lagoa de Antela.

domingo, 9 de xuño de 2019

ANTÓN RIVEIRO COELLO OPINA SOBRE O DESECAMENTO DA LAGOA

Aroa Rivero Blanco e Uxía Calleja Martínez realizáronlle unha entrevista ao escritor limiao Antón Riveiro Coello para un traballo de literatura. Por suposto, preguntáronlle a opinión sobre o desecamento da lagoa de Antela. Escucha "ANTÓN RIVEIRO COELLO" en Spreaker. Uxía Calleja Martínez

sábado, 8 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

A LENDA DA RAÍÑA LOBA DE COVAS

Andrea Fernández Joga e Laura Rodríguez González recolleron esta lenda de Covas, Os Blancos, onde hai un lugar que recibe o nome de Penedos da Raíña Loba. Cóntaa Palmira Cuquejos, de Cuquexos, unha das aldeas protagonistas da lenda: Matastes á *Reina Loba, Cuqueixos e Pixeirós; matastes á *Reina Loba, fidalgos quedastes vós Escucha "PALMIRA CUQUEJOS DE CUQUEXOS A RAÍÑA LOBA" en Spreaker.

ENTREVISTA A ROSA MARRA DO MUÍÑO

Andrea Opazo Ojea realizou unha entrevista a súa avoa, Rosa Marra Do Muíño, sobre as cheas nos tempos da lagoa de Antela. Escucha "ROSA MARRA DO MUÍÑO O PATRIMONIO ASOLAGADO" en Spreaker.

sábado, 1 de xuño de 2019

ENTREVISTA A SALADINA PARADA E ANTONIO QUINTAS

Óscar Parada e Óscar Vences entrevistaron a Saladina Parada Gómez, de 87 anos, oriúnda de Boado, e a Antonio Quintas, de 77 anos, de Pazos de Abeleda.

LENDA DA CIDADE ASOLAGADA POR ISABEL GIL GIL

David Saburido, recolle de Isabel Gil Gil, de 78 anos, nativa de Solveira, a lenda da cidade de Antioquía.

mércores, 29 de maio de 2019

CAMILO DE DIOS, VIDA DUN GUERRILLEIRO

As alumnas Zaira Dopozo, Ariana Veloso e Olatz Penín, acompañadas pola profesora Eulalia Delgado, entrevistaron a Camilo de Dios na súa casa de Sandiás. O obxectivo era recompliar información sobre os tempos da Lagoa de Antela, non obstante parte da vida intensa deste home limiao, que loitou contra o franquismo e padeceu a represión do réxime, ocupou gran parte do diálogo e foi gravada por unhas alumnas abraiadas polo relato fascinante das vivencias dunha persoa tan lúcida. Decidimos non usar as tesoiras para non perder detalle do seu testemuño. É un pracer escoitalo. Dende este modesto blog dámoslle as grazas pola súa amabilidade.
Escucha "CAMILO DE DIOS VIDA DUN GUERRILLEIRO" en Spreaker.

martes, 28 de maio de 2019

CREACIÓN E INTERVENCIÓN ARTÍSTICA

Realizáronse traballos de creación e intervención artística a partir de textos de autores e autoras con raíces na contorna (Chus Pato, Xabier Xil Xardón, Antón Riveiro Coello).

domingo, 26 de maio de 2019

INFORMACIÓN DAS ENTREVISTAS

Nesta táboa recollemos algunha información valiosa extraída das entrevistas a informantes de idade que viviron os tempos da lagoa de Antela.

CONFERENCIA DE VÍCTOR PÉREZ BALTAR

VÍCTOR JAVIER PÉREZ BALTAR, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e antigo profesor de Educación Física do IES Cidade de Antioquía, impartiu unha conferencia de dúas horas sobre a lagoa de Antela.

CAMILO DE DIOS FERNÁNDEZ

Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Olatz Penín Pía e Ariana Veloso Losada. Escucha "CAMILO DE DIOS SANDIÁS" en Spreaker.

ELOI FERNÁNDEZ

Entrevista realizada por Belén Dacal Rodríguez e Carla Domínguez Pérez Escucha "ELOI FERNÁNDEZ LORENZO CARDEITA" en Spreaker.

venres, 24 de maio de 2019

PATRIMONIO ORAL E ARQUEOLÓXICO NA COMARCA LIMIÁ

Este traballo foi elaborado polo alumnado de Latín de 1º de BAC (DAVID ÁLVAREZ CARRERA, ALEJANDRO CAMPOS BLANCO, ALBA COELLO FERNÁNDEZ, ANDREA FERNÁNDEZ JOGA, YADHIRA FRAILE LAMA, GERMAIN JIMENEZ QUINTANA, ÓSCAR PARADA TRAVESO, NICOLE RODRÍGUEZ GÓMEZ, LAURA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, PAULA SANMIGUEL REQUEJO, CLAUDIA CARREIRA FEIJOO, SONIA RODRÍGUEZ GÓMEZ, ELBA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ E ÓSCAR VENCES QUINTAS). A lenda do río Lethes en banda deseñada foi debuxada por ÁLEX CABIDO MARTÍNEZ, de 1º BAC.

ENTREVISTAS A ALBINA MANSO E ELOI SANTANA EN CARDEITA

Entrevistas realizadas en Cardeita, Sandiás, por Ana Feijóo Cid, Andrea López González e Juan Francisco Rodríguez Leguízamo.

xoves, 23 de maio de 2019

CONTOS POPULARES

Recompilación de contos e lendas relatados por Juanita Gómez (80 anos) e Servando Varela (77 anos) e gravados por Elba Vázquez Rodríguez e Yadhira Fraile Lama, de 1º de BAC.
Escucha "JUANITA O CONTO DA PORCA" en Spreaker. Escucha "CONTOS" en Spreaker. Escucha "CONTO 1" en Spreaker. Escucha "CONTO 2" en Spreaker. Escucha "ELBA añiña" en Spreaker. Escucha "ELBA besta" en Spreaker. Escucha "SERVANDO A RAÍÑA LOBA" en Spreaker.

ENTREVISTA A ESPERANZA MORALES

Entrevista realizada por Aroa Rivero Blanco. Escucha "ESPERANZA MORALES SABURIDO,SANDIÁS,AROA RIVERO BLANCO" en Spreaker.

ENTREVISTA A MARÍA LOSADA SANTIAGO

Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Isabel López Déniz e Mónica Santana Rúa, gravada en Sandiás. Ademais de falar da vida nos tempos da lagoa, María Losada conta a lenda da cidade asolagada de Antioquía e outras historias. Escucha "MARÍA LOSADA SANTIAGO SANDIÁS ZAIRA MÓNICA E ISABEL" en Spreaker.

ENTREVISTA A CONCEPCIÓN CID FERNÁNDEZ

Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Isabel López Déniz e Mónica Santana Rúa, gravada en Sandiás. Escucha "CONCEPCIÓN CID FERNÁNDEZ MORGADE ZAIRA MÓNICA E ISABEL" en Spreaker.

ENTREVISTA A JOSÉ LOPEZ MACÍA

Entrevista realizada por Uxía Calleja Martínez. Escucha "JOSÉ LÓPEZ MACÍA 79 ANOS XINZO UXÍA CALLEJA MARTÍNEZ" en Spreaker.

ENTREVISTA A TOMÁS GARCÍA

Entrevista a TOMÁS GARCÍA GARCÍA -ata o curso pasado profesor de Bioloxía no IES Lagoa de Antela e membro da Sociedade Galega de Historia Natural- realizada por José García González, Raúl Gándara Antoñón e Anass Nagihi. Tomás proporcionou información sobre a flora e fauna da lagoa e analizou o impacto da contaminación. Xunto con Víctor Pérez Baltar e outros membros como Serafín González Prieto, colaboran na rehabilitación da Veiga de Gomareites, sita en Vilar de Barrio, un proxecto que ten como obxectivo recuperar para o medio a flora e a fauna típica da lagoa. Destaca a presenza nestas charcas de Lepidurus apus, crustáceo branquípodo propio de áreas con niveis medios de sulfatos e baixos de cloruros,sinal de augas limpas. Tomás García García cedeunos estas fotos das aves da Limia

ENTREVISTA A ARSENIO JOGA NOVOA

Entrevista a Arsenio Joga Novoa, 94 anos, de Pena, realizada por María Campo Rodríguez e Noelia Rodríguez Ferreira

ENTREVISTA A DOLORES MELLADO ÁLVAREZ

Entrevista realizada por Álvaro Losada Barceló.

ENTREVISTA A ELIGIO RIVAS QUINTAS

Entrevista a Eligio Rivas Quintas, filólogo, profesor e estudoso da toponimia e o patrimonio megalítico e romano da Limia, realizada por Fernando Álvarez Rodríguez e Aarón Blanco Rodríguez. Foron acompañdos polo profesor Miguel Yebra Ferro, antigo alumno do profesor.

mércores, 22 de maio de 2019

LENDAS DA LAGOA E A TORRE DO CASTRO

Lendas recollidas por Alba Coello Fernández e Paula Sanmiguel Requejo en Sandiás. Os informantes foron Saladina Requejo, Juan José Cid e Camilo de Dios Fernández. Escucha "LENDAS DA TORRE DO CASTRO SANDIÁS POR SALADINA, JUAN JOSÉ CID E CAMILO DE DIOS" en Spreaker.

LENDA DA RAÍÑA LOBA E DA TORRE DO CELME

Recompilación de contos e lendas relatados por Juana Rodríguez (80 anos) e Servando Varela (77 anos) e gravados por Elba Vázquez Rodríguez e Yadhira Fraile Lama, de 1º de BAC. Escucha "JUANITA A TORRE DO CELME" en Spreaker. Escucha "SERVANDO A RAÍÑA LOBA" en Spreaker.

luns, 20 de maio de 2019

VISITA ÁS AREEIRAS

O axente forestal, FÉLIX ALONSO FEIJÓO, guiou ao alumnado de 1º B de BAC polas áreas recuperadas e explicounos o proceso de recuperación así como de cuestións relativas ao comportamento das aves como os mergullóns, os merguilletes, os cormoráns –desprazados do mar cara ao interior a raíz dos vertidos do Prestige-, os martinetes e as cegoñas. O alumnado, previa planificación na aula, formulou preguntas sobre diversas cuestións como a contaminación provocada polos vertidos. Visitamos dous observatorios, construído un imitando os palafitos –vivendas lacustres feitas con materiais orixinarios coma beón e madeira- e outro de pedra e barro, dende os que puidemos observar varios niños de cegoñas, cormoráns, mergullóns e patos.

VISITA AO MUSEO VILAR DE SANTOS

Realizamos unha visita ao Museo Etnográfico de Vilar de Santos onde as alumnas Nerea Graña Sendín e Nicole Rodríguez Gómez exerceron de expertas guías.

ENTREVISTA A ANDRÉ TABOADA CASTELEIRO

Entrevista realizada a André Taboada Casteleiro, vicepresidente do Padroado do Museo da Limia, por Aarón Blanco Rodríguez, Aroa Rivero Blanco , Uxía Calleja Martínez e Iago Dameá Portela.

ENTREVISTA A MANUEL CID, CARDEITA

Entrevista realizada por Ana Feijóo Cid, Andrea López González e Juan Francisco Rodríguez Leguízamo.

ENTREVISTA A MANUELA LAGE GARCÍA

Entrevista realizada por Guillermo Arcos Salgado, Anderson Arrojo Álvarez e Álvaro Losada Barceló.

ENTREVISTA A GENOVEVA FRANCO ÁLVAREZ

Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Miguel Estévez Díaz e Mónica Santana Rúa.

sábado, 19 de xaneiro de 2019

Este blog nace para dar visibilidade ao proxecto interdisciplinar sobre a Lagoa de Antela do IES Lagoa de Antela.