Amosando publicacións coa etiqueta PRESENTACIÓN EN XINZO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PRESENTACIÓN EN XINZO. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2019

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO EN XINZO

No Casino da vila de Xinzo de Limia celebrouse o acto de presentación do proxecto. Alumnado participante (Iago, Zaira, Aroa, María, Uxía, Isabel, Aldo, Óscar, Ana, Mónica, Ariana, Miguel, David, Patricia) contou a súa experiencia diante dun público entregado que aplaudiu as súas intervencións. Asistiron veciñas e veciños da vila, familares, profesorado, alumnado e membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). Despois da exposición proxectouse un vídeo con fragmentos dalgunhas entrevistas. Como remate léronse dous poemas, un de Chus Pato e outro de Antón Riveiro Coello.