mércores, 19 de xuño de 2019

VÍDEO RESUMO DAS ENTREVISTAS

Deixamos aquí un vídeo que contén algúns fragmentos das entrevistas e outras actividades do proxecto. A gravación foi proxectada o día da presentación en Xinzo.

luns, 17 de xuño de 2019

ECO NO XORNAL LA REGIÓN

Deixamos aquí a reportaxe que realizou a xornalista Paula Palomanes no diario La Región. Agradecémoslle que respectase a lingua e que se axustase aos feitos.

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO EN XINZO

No Casino da vila de Xinzo de Limia celebrouse o acto de presentación do proxecto. Alumnado participante (Iago, Zaira, Aroa, María, Uxía, Isabel, Aldo, Óscar, Ana, Mónica, Ariana, Miguel, David, Patricia) contou a súa experiencia diante dun público entregado que aplaudiu as súas intervencións. Asistiron veciñas e veciños da vila, familares, profesorado, alumnado e membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). Despois da exposición proxectouse un vídeo con fragmentos dalgunhas entrevistas. Como remate léronse dous poemas, un de Chus Pato e outro de Antón Riveiro Coello.

CARTEIS EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

mércores, 12 de xuño de 2019

DESEÑO CONVITE

A alumna de 1º de BAC Belén Dacal Rodríguez foi a deseñadora da invitación que se distribuíu entre a comunidade educativa e as persoas participantes para que acudan o sábado á presentación do proxecto en Xinzo.

TOPONIMIA ZONAS INUNDABLES E LIMÍTROFES

martes, 11 de xuño de 2019

TOPONIMIA DA ÁREA QUE OCUPABA A LAGOA DE ANTELA

Alumnas e alumnos de 4º de ESO rexistraron e analizaron a microtoponimia dos espazos que ocupaba a lagoa de Antela.

domingo, 9 de xuño de 2019

ANTÓN RIVEIRO COELLO OPINA SOBRE O DESECAMENTO DA LAGOA

Aroa Rivero Blanco e Uxía Calleja Martínez realizáronlle unha entrevista ao escritor limiao Antón Riveiro Coello para un traballo de literatura. Por suposto, preguntáronlle a opinión sobre o desecamento da lagoa de Antela. Escucha "ANTÓN RIVEIRO COELLO" en Spreaker. Uxía Calleja Martínez

sábado, 8 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

A LENDA DA RAÍÑA LOBA DE COVAS

Andrea Fernández Joga e Laura Rodríguez González recolleron esta lenda de Covas, Os Blancos, onde hai un lugar que recibe o nome de Penedos da Raíña Loba. Cóntaa Palmira Cuquejos, de Cuquexos, unha das aldeas protagonistas da lenda: Matastes á *Reina Loba, Cuqueixos e Pixeirós; matastes á *Reina Loba, fidalgos quedastes vós Escucha "PALMIRA CUQUEJOS DE CUQUEXOS A RAÍÑA LOBA" en Spreaker.

ENTREVISTA A ROSA MARRA DO MUÍÑO

Andrea Opazo Ojea realizou unha entrevista a súa avoa, Rosa Marra Do Muíño, sobre as cheas nos tempos da lagoa de Antela. Escucha "ROSA MARRA DO MUÍÑO O PATRIMONIO ASOLAGADO" en Spreaker.

sábado, 1 de xuño de 2019

ENTREVISTA A SALADINA PARADA E ANTONIO QUINTAS

Óscar Parada e Óscar Vences entrevistaron a Saladina Parada Gómez, de 87 anos, oriúnda de Boado, e a Antonio Quintas, de 77 anos, de Pazos de Abeleda.

LENDA DA CIDADE ASOLAGADA POR ISABEL GIL GIL

David Saburido, recolle de Isabel Gil Gil, de 78 anos, nativa de Solveira, a lenda da cidade de Antioquía.