martes, 21 de maio de 2019
luns, 20 de maio de 2019
VISITA ÁS AREEIRAS
O axente forestal, FÉLIX ALONSO FEIJÓO, guiou ao alumnado de 1º B de BAC polas áreas recuperadas e explicounos o proceso de recuperación así como de cuestións relativas ao comportamento das aves como os mergullóns, os merguilletes, os cormoráns –desprazados do mar cara ao interior a raíz dos vertidos do Prestige-, os martinetes e as cegoñas. O alumnado, previa planificación na aula, formulou preguntas sobre diversas cuestións como a contaminación provocada polos vertidos.
Visitamos dous observatorios, construído un imitando os palafitos –vivendas lacustres feitas con materiais orixinarios coma beón e madeira- e outro de pedra e barro, dende os que puidemos observar varios niños de cegoñas, cormoráns, mergullóns e patos.
VISITA AO MUSEO VILAR DE SANTOS
Realizamos unha visita ao Museo Etnográfico de Vilar de Santos onde as alumnas Nerea Graña Sendín e Nicole Rodríguez Gómez exerceron de expertas guías.
ENTREVISTA A ANDRÉ TABOADA CASTELEIRO
Entrevista realizada a André Taboada Casteleiro, vicepresidente do Padroado do Museo da Limia, por Aarón Blanco Rodríguez, Aroa Rivero Blanco , Uxía Calleja Martínez e Iago Dameá Portela.
ENTREVISTA A MANUEL CID, CARDEITA
Entrevista realizada por Ana Feijóo Cid, Andrea López González e Juan Francisco Rodríguez Leguízamo.
ENTREVISTA A MANUELA LAGE GARCÍA
Entrevista realizada por Guillermo Arcos Salgado, Anderson Arrojo Álvarez e Álvaro Losada Barceló.
ENTREVISTA A GENOVEVA FRANCO ÁLVAREZ
Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Miguel Estévez Díaz e Mónica Santana Rúa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)