mércores, 19 de xuño de 2019

VÍDEO RESUMO DAS ENTREVISTAS

Deixamos aquí un vídeo que contén algúns fragmentos das entrevistas e outras actividades do proxecto. A gravación foi proxectada o día da presentación en Xinzo.

luns, 17 de xuño de 2019

ECO NO XORNAL LA REGIÓN

Deixamos aquí a reportaxe que realizou a xornalista Paula Palomanes no diario La Región. Agradecémoslle que respectase a lingua e que se axustase aos feitos.

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO EN XINZO

No Casino da vila de Xinzo de Limia celebrouse o acto de presentación do proxecto. Alumnado participante (Iago, Zaira, Aroa, María, Uxía, Isabel, Aldo, Óscar, Ana, Mónica, Ariana, Miguel, David, Patricia) contou a súa experiencia diante dun público entregado que aplaudiu as súas intervencións. Asistiron veciñas e veciños da vila, familares, profesorado, alumnado e membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). Despois da exposición proxectouse un vídeo con fragmentos dalgunhas entrevistas. Como remate léronse dous poemas, un de Chus Pato e outro de Antón Riveiro Coello.

CARTEIS EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

mércores, 12 de xuño de 2019

DESEÑO CONVITE

A alumna de 1º de BAC Belén Dacal Rodríguez foi a deseñadora da invitación que se distribuíu entre a comunidade educativa e as persoas participantes para que acudan o sábado á presentación do proxecto en Xinzo.

TOPONIMIA ZONAS INUNDABLES E LIMÍTROFES

martes, 11 de xuño de 2019

TOPONIMIA DA ÁREA QUE OCUPABA A LAGOA DE ANTELA

Alumnas e alumnos de 4º de ESO rexistraron e analizaron a microtoponimia dos espazos que ocupaba a lagoa de Antela.

domingo, 9 de xuño de 2019

ANTÓN RIVEIRO COELLO OPINA SOBRE O DESECAMENTO DA LAGOA

Aroa Rivero Blanco e Uxía Calleja Martínez realizáronlle unha entrevista ao escritor limiao Antón Riveiro Coello para un traballo de literatura. Por suposto, preguntáronlle a opinión sobre o desecamento da lagoa de Antela. Escucha "ANTÓN RIVEIRO COELLO" en Spreaker. Uxía Calleja Martínez

sábado, 8 de xuño de 2019

MICROTOPONIMIA DE LAMA DE PAIO, LAMPAZA, RAIRIZ DE VEIGA

Alba Fernández Vázquez realizou un estudo exhaustivo sobre algúns microtopónimos da súa aldea, Lama de Paio, da parroquia de Lampaza, pertencente ao concello de Rairiz de Veiga.

ENTREVISTA A FRANCISCO FERNÁNDEZ, DE MORGADE

Andrea Fernández Joga e Laura Rodríguez González recolleron o testemuño de Francisco Fernández, de Morgade, sobre a lagoa de Antela. Escucha "Francisco Fernández (de Morgade), fálanos sobre a Lagoa de Antela" en Spreaker. Escucha "1 Vivencias na época da Lagoa (Francisco Fdz.)" en Spreaker.

O POZO DAS CAIXAS

Andrea Fernández Joga e Laura Rodríguez González recolleron esta lenda, O pozo das caixas, de voz de Concepción Camino, de Vilar de Santos. Escucha "2 O pozo das caixa. Concepción Camino, de Vilar de Santos" en Spreaker.

mércores, 5 de xuño de 2019

A LENDA DA RAÍÑA LOBA DE COVAS

Andrea Fernández Joga e Laura Rodríguez González recolleron esta lenda de Covas, Os Blancos, onde hai un lugar que recibe o nome de Penedos da Raíña Loba. Cóntaa Palmira Cuquejos, de Cuquexos, unha das aldeas protagonistas da lenda: Matastes á *Reina Loba, Cuqueixos e Pixeirós; matastes á *Reina Loba, fidalgos quedastes vós Escucha "PALMIRA CUQUEJOS DE CUQUEXOS A RAÍÑA LOBA" en Spreaker.

ENTREVISTA A ROSA MARRA DO MUÍÑO

Andrea Opazo Ojea realizou unha entrevista a súa avoa, Rosa Marra Do Muíño, sobre as cheas nos tempos da lagoa de Antela. Escucha "ROSA MARRA DO MUÍÑO O PATRIMONIO ASOLAGADO" en Spreaker.

sábado, 1 de xuño de 2019

ENTREVISTA A SALADINA PARADA E ANTONIO QUINTAS

Óscar Parada e Óscar Vences entrevistaron a Saladina Parada Gómez, de 87 anos, oriúnda de Boado, e a Antonio Quintas, de 77 anos, de Pazos de Abeleda.

LENDA DA CIDADE ASOLAGADA POR ISABEL GIL GIL

David Saburido, recolle de Isabel Gil Gil, de 78 anos, nativa de Solveira, a lenda da cidade de Antioquía.

mércores, 29 de maio de 2019

CAMILO DE DIOS, VIDA DUN GUERRILLEIRO

As alumnas Zaira Dopozo, Ariana Veloso e Olatz Penín, acompañadas pola profesora Eulalia Delgado, entrevistaron a Camilo de Dios na súa casa de Sandiás. O obxectivo era recompliar información sobre os tempos da Lagoa de Antela, non obstante parte da vida intensa deste home limiao, que loitou contra o franquismo e padeceu a represión do réxime, ocupou gran parte do diálogo e foi gravada por unhas alumnas abraiadas polo relato fascinante das vivencias dunha persoa tan lúcida. Decidimos non usar as tesoiras para non perder detalle do seu testemuño. É un pracer escoitalo. Dende este modesto blog dámoslle as grazas pola súa amabilidade.
Escucha "CAMILO DE DIOS VIDA DUN GUERRILLEIRO" en Spreaker.

martes, 28 de maio de 2019

CREACIÓN E INTERVENCIÓN ARTÍSTICA

Realizáronse traballos de creación e intervención artística a partir de textos de autores e autoras con raíces na contorna (Chus Pato, Xabier Xil Xardón, Antón Riveiro Coello).

domingo, 26 de maio de 2019

INFORMACIÓN DAS ENTREVISTAS

Nesta táboa recollemos algunha información valiosa extraída das entrevistas a informantes de idade que viviron os tempos da lagoa de Antela.

CONFERENCIA DE VÍCTOR PÉREZ BALTAR

VÍCTOR JAVIER PÉREZ BALTAR, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e antigo profesor de Educación Física do IES Cidade de Antioquía, impartiu unha conferencia de dúas horas sobre a lagoa de Antela.

CAMILO DE DIOS FERNÁNDEZ

Entrevista realizada por Zaira Dopozo Feijóo, Olatz Penín Pía e Ariana Veloso Losada. Escucha "CAMILO DE DIOS SANDIÁS" en Spreaker.