mércores, 19 de xuño de 2019

VÍDEO RESUMO DAS ENTREVISTAS

Deixamos aquí un vídeo que contén algúns fragmentos das entrevistas e outras actividades do proxecto. A gravación foi proxectada o día da presentación en Xinzo.

luns, 17 de xuño de 2019

ECO NO XORNAL LA REGIÓN

Deixamos aquí a reportaxe que realizou a xornalista Paula Palomanes no diario La Región. Agradecémoslle que respectase a lingua e que se axustase aos feitos.

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO EN XINZO

No Casino da vila de Xinzo de Limia celebrouse o acto de presentación do proxecto. Alumnado participante (Iago, Zaira, Aroa, María, Uxía, Isabel, Aldo, Óscar, Ana, Mónica, Ariana, Miguel, David, Patricia) contou a súa experiencia diante dun público entregado que aplaudiu as súas intervencións. Asistiron veciñas e veciños da vila, familares, profesorado, alumnado e membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural). Despois da exposición proxectouse un vídeo con fragmentos dalgunhas entrevistas. Como remate léronse dous poemas, un de Chus Pato e outro de Antón Riveiro Coello.

CARTEIS EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

mércores, 12 de xuño de 2019

DESEÑO CONVITE

A alumna de 1º de BAC Belén Dacal Rodríguez foi a deseñadora da invitación que se distribuíu entre a comunidade educativa e as persoas participantes para que acudan o sábado á presentación do proxecto en Xinzo.

TOPONIMIA ZONAS INUNDABLES E LIMÍTROFES

martes, 11 de xuño de 2019

TOPONIMIA DA ÁREA QUE OCUPABA A LAGOA DE ANTELA

Alumnas e alumnos de 4º de ESO rexistraron e analizaron a microtoponimia dos espazos que ocupaba a lagoa de Antela.